lunes, 17 de abril de 2017

A vida dos outros - exobioloxía, astronomía, misterio e ciencia en Chapela cos Amigos das Bibliotecas

Nestes días de Abril os Amigos das Bibliotecas de Redondela achegáronnos a súa proposta de parladoiro mensual. Desta volta ía adicado á bioloxía, concretamente ao campo da exobioloxía, rama desta disciplina que especula e analisa cales poden ser os desenvolvementos biolóxicos alén das nosas fronteiras terrícolas.

"A vida dos outros: a ciencia, a bioloxía e a vida fóra da terra" estaba conducida polo profesor e biólogo Carlos Fernández, e resultou moi amena e instructiva.


Os factores que determinan o que definimos como VIDA, a intelixencia humana versus a intelixencia artificial, os avances no coñecemento de novos planetas e o desenvolvemento científico actual na exploración espacial así como a especulación sobre posible vida noutros planetas ou galaxias e a posibilidade de contactar con eles, pasando por, como non, por aquelas recomendacións literarias e cinematográficas relacionadas coa ciencia ficción que nos propuxo o noso poñente.

A conversa animou aos presentes a facer moitas preguntas, especulacións e comentarios que resultaron de grande interese. 


Publicar un comentario