martes, 11 de abril de 2017

Visita escolar co 12º aniversario da biblioteca de Chapela

Visita CEIP Atalaya-Cantabria á Biblioteca de Chapela

O pasado venres recibimos aos cativos de Educación Infantil (3 a 5 anos) do CEIP Atalaya-Cantabria na Biblioteca de Chapela.

Podedes ver aquí as fotos.

Como estamos no 12º aniversario do centro, festexamos con eles a efeméride, e contamos contos sobre aniversarios, festas e agasallos.

Despois de coñecer a biblioteca e escoitar as historias, tocou o turno aos cativos para "traballar", facendo cadanseu debuxo para agasallar con el ás súas persoas máis queridas.




E, como non, gozaron dun tempo para coñecer os libros da biblioteca.


Como nas mellores festas de aniversario tivemos unha estupenda torta, feita de gominolas, coa que a biblioteca convidou a estes incipientes lectores a saborear o gusto polos libros.


No hay comentarios: