lunes, 3 de abril de 2017

Pregón do Día do Libro Infantil e Xuvenil na voz de Eire

Onte, día 2 de abril celebrouse o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, co obxectivo de conmemorar outro soado aniversario, o do nacemento de Hans Christian Andersen.

Cada ano,  unha Sección Nacional da OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Esa Sección elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante do país co fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel.

Hoxe, desde Radio Redondela, ás 11:00 h., no programa matinal A Estación, Eire de 11 anos procedeu a ler o pregón. Para todos aqueles que non tivestes a oportunidade de escoitalo, deixámosvos aquí o audio 

No hay comentarios: