jueves, 27 de abril de 2017

Visita do CEIP Alexandre Bóveda á Biblioteca de Chapela, festexando o Día do Libro

Os cativos dos tres ciclos de Infantil do CEIP Alexandre Bóveda de Chapela achegáronse á biblioteca municipal para coñecer as súas instalacións e os seus servizos.
Visita CEIP Alexandre Bóveda á biblioteca de Chapela
Premer na imaxe para ver as fotos
Como este ano están traballando co tema da ARQUITECTURA, na biblioteca amosámoslles moitos libros que falan das cidades e das construcións, e contos que se desenvolven en casas, pazos, cabañas, casas de árbores, iglús... (hai tantos!)

E como non hai mellores construtores na nosa literatura tradicional que "Os tres porquiños", contamos este conto, e pudemos constatar que estes rapaces e rapazas o saben moi ben, sendo así bos coñecedores da tradición oral.

O segundo conto descrebe de xeito moi divertido as estancias da casa, e está cheo de monstros e de sorpresas: "A casa da miña avoa".

Os cativos colorearon propostas sobre diferentes construcións e arquiteturas que poden poboar a nosa cidade imaxinaria, que quedaron expostas nun mural á entrada da biblioteca.

Por último, e enlazando con un dos contos, os rapaces puderon cantar á Biblioteca de Chapela o "Parabéns para tí", polo seu 12 aniversario, e degustar unha riquísima tarta de gominolas.


Velaquí podedes ver a referencia a esta actividade no blog do propio cole.

E velaquí uns fragmentos en vídeo desta mañá tan divertida.

Publicar un comentario