viernes, 28 de abril de 2017

Gloria Fuertes "visitou" a Biblioteca de Chapela

 

Gloria Fuertes está de grande aniversario. A escritora cumpliría este mes de xullo a idade de 100 anos. Por este motivo as bibliotecas municipais de Redondela quixemos adicarlle dun xeito especial o mes do libro.

Despois do contacontos que tivo lugar a comezos de mes na biblioteca de Redondela, este venres tocaba a actuación na biblioteca de Chapela, onde contabamos coa divertidísima Olga Cuervo para contarnos e darnos a coñecer a Gloria Fuertes.

Aínda que a asistencia foi reducida, cativos e grandes que se achegaron á biblioteca esta tarde pasaron un moi bo rato, escoitando, lendo e cantando algún dos seus moitos poemas e tamén os seus singulares contos... e vendo ante os seus ollos a transformación de Olga Cuervo na mesmísima Gloria Fuertes.

Unha tarde para a nostalxia (entre os máis grandes) e o descubrimento (entre os pequenos).

....Grazas a todos por vir, desafiando o día de sol e mais a ponte. 
    ....Grazas Olga Cuervo por esa impresionante transformación.
        ...E grazas, sempre, Gloria Fuertes polo teu legado literario.
Publicar un comentario