miércoles, 24 de mayo de 2017

Entre contos: 3ª sesión "O traxe novo do Rei León", co alumnado do IES Chapela

Entre contos - O traxe novo do rei león
Preme na imaxe para ver as fotografías

Entre contos, o pasado xoves entramos xa na 3ª sesión deste ciclo de contos e xogos para os cativos, realizados polo alumnado do C.S. de Educación Infantil do IES Chapela na nosa biblioteca desta parroquia.

"O traxe novo do rei león" adaptación dun conto sobre a realidade e as falsas apariencias ao que lle deron vida estes estudantes nunha representación teatral.


E sobre apariencias e como disfrazarnos xiraron os xogos que realizamos a continuación. Cativos e cativas realizaron as súas máscaras de animáis, e tamén prepararon as súas mariquitas de papel para que cativos e cativas xogaran cos seus vestidos.

Que nostalxia nos trouxeron estes xogos! Que bonito!
Nenos e nenas (e algún adulto tamén) gozaron de preparar estes pequenos bonecos para xogar con eles na casa.

Moitas grazas a estas alumnas por preparar as actividades!

Mañá, xoves 25, ás 18:30, a derradeira das actividades deste ciclo, que leva o suxerente título: "Onde están as nubes?".


No hay comentarios: