viernes, 26 de mayo de 2017

Entre contos: 4ª sesión: "Onde están as nubes?", co alumnado de Educación Infantil do IES Chapela

Entre contos - Onde están as nubes?
Preme nas imaxes para ver as fotografías
E todo o bo toca ao seu fin...

Neste xoves gozamos da última sesión de Entre Contos, xogos e animación lectora realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil do IES Chapela, e destinada á rapazada das nosas bibliotecas. 



A biblioteca desta parroquia foi esceario durante todo este mes de diferentes contos e actividades para uns cativos e cativas que se adentraron con eles na maxia das historias narradas.


Dende as bibliotecas municipais queremos agradecerlles a estes estudantes, todos os que veñen de participar nas actividades que realizamos neste mes, a súa dedicación e esforzo por facer da biblioteca un lugar para a diversión e o encontro.



Ata outra, amigos. Moita sorte nas vosas avaliacións e... agardamos contar con outros compañeiros vosos en futuros anos.


Este é xa o 6º ano no que participamos xuntos co voso ciclo formativo, e agardamos continuar! Coa vosa disposición, sempre é posible!

Moitas grazas! 😉

Aquí unha pequena referencia a estas actividades publicada no Atlántico Diario (01/06/17):

No hay comentarios: