Os autores galardoados xunto ao Concelleiro de Xuventude e mais o alcalde de Redondela, o xurado e os responsables da edición |
Nesta fin de semana asistimos á entrega dos XVII premios do Certame literario Os Viadutos, certame que a Concellería de Xuventude do noso concello convoca anualmente para obras orixinais de relato curto.
Daniel Martínez Mariño, co seu relato "O profesor de piano" foi o gañador do mesmo, mentres que Antía Yáñez Rodríguez, con "Pobonovo" foi a finalista. Beatriz López Dorado e Roi Vilar Ponte obtiveron os dous accésit concedidos neste premio, cos seus textos, respectivamente: "As vacas non usan stilettos" e "As tres mortes (por asfixia) de Ester V. Lavandeira".
No evento estiveron presentes o editor e escritor Francisco Castro, e tamén a moi admirada polos nosos lectores nenos e mozos Ledicia Costas, cos que aproveitamos para facer unhas fotografías para o recordo. Tamén nos fixemos con algúns exemplares da edición, que os seus autores nos asinaron para as bibliotecas.
Ana, Mª José e mais Elena Becerra co escritor e editor Francisco Castro |
Ana, Mª José e mais Elena coa concelleira de cultura, Teresa París e mais coa escritora Ledicia Costas |
Os relatos gañadores, publicados nunha fermosa edición, están xa nas bibliotecas de Redondela. Aínda que con enfoques e historias moi diferentes, a violencia machista e a crítica social están moi presentes. Paga a pena achegarse a eles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario