Os protagonistas de "O Valo" achéganse ao público presente no auditorio |
O Fondo Galego ven de incorporar este espectáculo ao do seu programa de formación e sensibilización á poboación dos seus concellos socios. O obxectivo é evitar o esquecemento das guerras e da xente que delas foxen, ao tempo que se convida a transformar a realidade pensando un mundo diferente. Todo elo enmarcado na véspera do Día Internacional da Paz, data sinalada na axenda das Nacións Unidas para o 21 de Setembro.
Un momento da obra |
A obra:
Dous actores interveñen no espectáculo ‘O valo’, baseado no texto homónimo que lle valeu a Carlos Labraña o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil. A proposta representa o encontro entre unha nena que escapa da guerra e un rapaz soldado, gardián devoto de fronteiras móbiles.
Momento da obra, na representación desta mañá |
O
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
está integrado por 90 concellos e as deputacións de
Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os
seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese
deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a
realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a
sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade
internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten
desenvolvido máis de 150 proxectos en 25 países e promove numerosas
actividades e materiais en relación aos desequilibrios
Norte-Sur. Recoñecido como axencia
municipal da cooperación galega, o Fondo Galego de Cooperación e
Solidariedade chega en 2017 ao seu vixésimo aniversario.
Libros para o Día Internacional da Paz, seleccionados pola biblioteca para a actividade |
A biblioteca de Chapela, como colaboradora na actividade, elaborou un centro de interese con libros para rapaces e sobre a temática da inmigración, a guerra ou os refuxiados. Este será enviado aos centros escolares participantes, para que podan seguir traballando a temática co seu alumnado.
- A nova en Radio Redondela.
- A nova no Faro de Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario