-
Pallasos en Rebeldía creou a obra ‘O valo’ para os concellos
socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade a partir dun
texto de Carlos Labraña
- A actividade, organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, conta coa colaboración das bibliotecas municipais.
Promover a reflexión
sobre as fronteiras e a situación das persoas refuxiadas
é a finalidade do novo espectáculo de clown creado por Pallasos en Rebeldía para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A peza ‘O valo’ , representarase este mércores 20 de setembro, ás
12 horas, no multiusos de Chapela. Alumnado de Primaria dos tres centros de ensino da parroquia chapelana achegarase a ver a obra, na xornada previa ao Día Internacional da Paz. O obxectivo é evitar
o esquecemento
das guerras e da xente que delas foxen, ao tempo que se convida a
transformar a realidade pensando un mundo diferente.
Dous
actores interveñen no espectáculo ‘O valo’, baseado no texto
homónimo que lle valeu a Carlos Labraña o Premio Manuel María deLiteratura Dramática Infantil. A proposta representa o encontro
entre unha nena que escapa da guerra e un rapaz soldado, gardián
devoto de fronteiras móbiles. Cómpre ter en conta que o
conflito en Siria obrigou a máis de cinco millóns de persoas a
abandonar o país
na procura de refuxio noutros lugares, entre as que se achan moitas
menores. ‘O valo’ é unha obra escrita en homenaxe a todas elas,
para que as teñamos presentes e as súas vidas constitúan o xerme
da loita contra todos os valados, muros e fronteiras que separan os
seres humanos.
Poio,
Laxe, Redondela, San Sadurniño, Ames, A Guarda, Caldas, Ourense,
Cabanas
e A Coruña son os municipios socios do Fondo Galego de Cooperación
e Solidariedade que acollerán antes de finais de ano esta actuación,
cofinanciada pola Xunta de Galicia. Pallasos
en Rebeldía
defínese coma un espazo do teatro galego para traballar a
cooperación internacional a través da risa. Xurdida nunha visita a
Chiapas en 2004, considera que o clown desenvolve unha función
protectora
de valores sociais como a crítica, o dereito a rir
que tamén teñen as persoas máis desfavorecidas ou a superación
dos nosos complexos mediante a cura da gargallada.
O
Fondo Galego
de Cooperación
O
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 90
concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que
concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da
cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión
profesional e transparente, así como a realización de proxectos con
impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a
prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997,
o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en 25 países
e promove numerosas actividades e materiais en relación aos
desequilibrios Norte-Sur. Recoñecido
como axencia municipal da cooperación galega, o Fondo Galego de
Cooperación e Solidariedade chega en 2017 ao seu vixésimo
aniversario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario