A adaptación dos nosos catálogos ao novo sistema Koha fai necesario este peche na atención ao público.
A Biblioteca de Redondela pecha toda a semana, do 9 ao 13 de outubro, mentres que a de Chapela pechará o 13.
A
sala de estudo da biblioteca de Redondela estará aberta no seu horario
habitual, salvo o festivo: xoves 12. O venres tamén se habilitará unha
sala de estudo no Multiúsos de Chapela.
A devolución dos
préstamos poderá facerse, respectivamente, no buzón de devolucións da
biblioteca de Redondela ou na conserxería do Multiúsos de Chapela.
Grazas e desculpen as molestias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario