viernes, 27 de octubre de 2017

Romaría no Piñeiral do Crego, con Raquel Queizás, para festexar o Día das Bibliotecas

Contacontos "Romaría", con Raquel Queizás
Préme na imaxe para ver as fotografías

Este venres festexamos o Día das Bibliotecas en Chapela cunha auténtica "Romaría", servida e amenizada pola actriz e contadora Raquel Queizás.

E é que neste contacontos todo cambiou. A tarde de caloriña da que estabamos a gozar animou á biblioteca a saír do seu espazo habitual, e sacar os contos á natureza. Dese xeito a biblioteca e os seus usuarios viviron unha experiencia moi saborosa coa narración oral, pero  tamén cos seus libros, que atoparon un andel improvisado nas mesas do merendeiro deste parque.

"Romaría" é un espectáculo baseado nos contos populares do rural tradicional galego, e que mellor espazo para contalo que o noso piñeiral, gozando da Ría de Vigo e mais das nosas árbores! Ademáis, o ambiente magosteiro que se estaba a "cocer" no Multiúsos de Chapela acabou de lle dar ambiente á nosa actividade.



Contos e lendas tradicionais que falan de festa e cos que festexar un dos días máis importantes no calendario das bibliotecas.



Moitas grazas a todos por participar. E grazas aos que vos uníchedes á actividade sen nos coñecer. Aledámonos moito de que vos gustara.

No hay comentarios: