Que ilusión! Que alegría!
As bibliotecas municipais de Redondela vimos de ser recoñecidas nos Premios María Moliner de Animación á Lectura 2017, convocados polo Ministerio de Cultura.
Este concurso
de carácter estatal ten por obxectivo premiar a aquelas bibliotecas
de municipios de menos de 50.000 habitantes, que leven a cabo un proxecto que inclúa as accións de
animación á lectura, a eficiencia e labor bibliotecaria, a integración
social na súa comunidade, así como o uso das novas tecnoloxías.
Este ano as Bibliotecas Municipais de Redondela concorremos co proxecto: "Bibliotecas que colaboran". E como é esa colaboración a que ven de darnos o recoñecemento, queremos compartir con todos estes axentes culturais da nosa contorna o teren colaborado con nós, estreitando lazos para acadar a realización de moitos programas de animación lectora e difusión cultural:
- Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela
- Biblioteca do CEP Santa Mariña
- Concellería de Muller e Igualdade
- Concellería de Servizos Sociais
- Familia profesional de servizos á comunidade do IES de Chapela
- Feira do Libro de Redondela
- Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
- Fundación Filomena Rivero Alonso
- Radio Redondela
- Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela
Neste ano de 2017 as bibliotecas
galegas seleccionadas vimos de ser 14. Dende aquí queremos felicitar aos compañeiros/as que tamén veñen de ser recoñecidos neste galardón. Particularmente dende aquí queremos recoñecer ás bibliotecas de Verín (Ourense), de Estadilla (Huesca) e de
Galapagar (Madrid), que recibiron os tres primeiros premios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario