O pasado venres comezaron as conmemoracións nas bibliotecas de Redondela polo Día do Libro coa actuación de "Polo correo do Vento" co seu contacontos dedicado a Rebeca Atencia.
Mentres un dos compoñentes do grupo ía debullando a vida desta veterinaria ferrolá, directora
do Instituto Jane Goodall na República do Congo,
o seu compañeiro ía creando ilustracións baseadas na mesma.
A continuación, cada neno realizou a súa propia caricatura de Rebeca baixo as sabias directrices de Enrique Mauricio e Carlos Taboada.
Accede aquí ás fotos da actividade:
Para rematar, todos os nenos achegaron a súa dose de cor aos debuxos realizados por Polo Correo do Vento.
Dicir que, tanto nenos como adultos, gozaron a rabiar e interactuaron en todo momento
No hay comentarios:
Publicar un comentario