Este pasado venres, da man do escritor coruñés Felix Carreira Viso, indagamos no apaixonante, pero bastante descoñecido para a maioría do público, mundo do "cyberpunk".
Éste movemento, ligado á ciencia-ficción, xurdiu a principios dos anos 80 e presenta un futuro distópico, urbano e decadente, dirixido por grandes corporacións e moi computadorizado; unha sociedade opresiva dominada pola tecnoloxía informática e a realidade virtual.
A esencia do cyberpunk aseméllase á do xénero negro, onde o protagonista, neste caso adoitan ser os hackers informáticos, tenta manter algo de integridade frente aos malvados plans dos poderosos.
 |
| Preme na imaxe para ver máis fotografías |
Entre as súas principais obras, atópanse: ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas? (en el cine Blade Runner con Harrison Ford), Ghost in the Shell de Masamune Shirow, Akira de Katsuhiro Otomo e moitas outras.
"Matrix" dos Wachowski, a finais dos 90, supuxo un punto de inflexión no xénero.
O
éxito desta tecnolóxica tarde, veu propiciado desde o primeiro momento pola excelente
presentación do acto realizada por José Manuel Soto, bibliotecario de
Pazos de Borbén, que coas súas palabras xestou un ambiente de
proximidade entre todos os participantes, no que todos sentímonos moi, moi a
gusto.
A disertación do Félix Carreira, que, aunque coruñés, ten lazos familiares en Redondela, foi sumamente entretida e enriquecedora; o certo é que nos quedaron ganas de máis, fíxosenos curto. Moitas grazas Felix, polo teu interés e esforzo para poder compartir esa tarde con todos nós.
E por suposto o noso agradecemento, sempre, á Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, presidida por Mercedes Méndez, pola súa incansable colaboración nas actividades que desde as bibliotecas levanse a cabo.
"España cyborg: a novela cyberpunk" foi unha actividade organizada polas Bibliotecas Municipais de Pazos de Borbén e Redondela coa colaboración da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela.