martes, 3 de abril de 2018

Fomos buscar...libros, historias e amigos no Día do Libro Infantil

Onte, Día do Libro Infantil, Aránzazu Casas e María Costa de ContAZ.Lengua de Signos, compartiron connosco, na sala infantil da Biblioteca Municipal de Redondela, un dos seus contos inclusivos. 

 Etendendo a diversidade como un valor,  as súas historias, sempre narradas en lingua oral e lingua de signos, están destinadas a todos os públicos e a todas as familias. 

Accede aquí ás imaxes do evento:

Redondela-Día do Libro Infantil 2018: "Imos Buscar", contacontos inclusivo

" Imos buscar" é o título deste conto inclusivo no que participaron pais, nais , nenas e nenos xordos e oíntes. O xogo xestual , o uso da lingua de signos e os elementos visuais apoiaron e favoreceron a comprensión e a comunicación. Unha experiencia e achegamento ao lecer inclusivo e á literatura infantil sen barreiras comunicativas. Un conto para todas e para todos.

 Non queremos terminar esta entrada sen agradecer a vosa presenza a todos os que onte estivestes connosco para celebrar ese emblemático día. 80 amigos que nos acompañastes a pesar das estreitezas espaciais :)

Moitísimas grazas a Fundación Filomena Rivero Alonso por facer posible esta grata experiencia

No hay comentarios: