miércoles, 2 de mayo de 2018

As bibliotecas municipais nos Maios de Redondela

O xurado e mais o secretario dos premios xunto co alcalde de Redondela,
co logo do 50 aniversario das bibliotecas
E as bibliotecas municipais tamén participaron nos Maios redondeláns!

Este ano persoal das dúas bibliotecas, Elena Becerra e mais Mª José Villar, estiveron presentes como xurado na tradicional Festa dos Maios da nosa vila.

O xurado fotografíase diante do Concello

Un xeito de gozar da beleza desta festa de ampla tradición na nosa contorna, e tamén de festexar o 50 aniversario dos nosos servizos.


Podedes ver no Facebook do noso Concello a fermosura dos maios que participaron este ano no certame:






No hay comentarios: