O Corpus é a Festa grande de Redondela e son moitos os veciños e asociacións que se dan  cita para confeccionar as fermosas alfombras florais. 
    É un taballo arduo e laborioso que comeza, meses atrás, coa recolleita de plantas e flores. 
    No día de hoxe, pasamos por un dos locais onde se está a desenvolver outra etapa do proceso: esfollar infinidade de 
flores. Non fomos ao azar: estas flores adornarán, entre outras, unha 
alfombra que conmemorará o 50 aniversario das bibliotecas municipais de Redondela.
No "Domingo do Señor" en Vilavella e máis concretamente na rúa Pai Crespo, as Bibliotecas de Redondela teremos a honra  de estar presentes nesta celebración.
Moitas grazas a Marga e a todo o seu marabilloso equipo por  facer isto posible e  polo seu traballo cada ano
 

No hay comentarios:
Publicar un comentario