O venres, 1 de xuño, na Casa da Cultura de Redondela, teremos a oportunidade de gozar dunha nova actividade da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela . Neste caso da presentación da novela gañadora do XIX Certame de Narración Curta Ánxel Fole "Principio de incerteza".
Pilar Ortega, a autora, foi premiada no II Certame Literario de Relatos Curtos Os Viadutos |
A súa autora, a viguesa Pilar Ortega Pereiro, presentaranos esta
narración que mestura de forma moi orixinal a física e a literatura
para relatar unha historia de maltrato. A inecuación de Heisenberg
explica o feito de que resulta imposible coñecer o lugar exacto que
ocupa un corpo no espazo xa que a simple presenza dun observador que
trate de apreixalo coa ollada provoca unha alteración, unha vibración
case imperceptible que o impulsa a oscilar constantemente arredor do seu
centro, coma se o corpo observado sentise a necesidade de fuxir.
As 20:30 h.
Entrada libre e de balde
Organiza, Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela coa colaboración das mesmas
No hay comentarios:
Publicar un comentario