Preme na imaxe para ver as fotografías |
Este mércores gozamos na Biblioteca de Chapela dunha nova sesión de contos na que a linguaxe de signos volveu ser protagonista.
Xoga, a Organización de Xordos de Galicia, achegou aos cativos da nosa biblioteca un novo xeito de "escoitar" aqueles contos tan coñecidos polos máis cativos:
- Crocodilo
- Qué susto!
- O polo Pepe
- Eu conto, tí cantas, de María Victoria Moreno.
Un novo xeito de achegarse á narración oral, e unha oportunidade de achegarse a unha linguaxe diferente pero que non hai dúbida de que resulta moi axeitada para a narración de contos e historias. Rematamos a actividade cantando e aprendendo a signar algunhas palabras.
Moitas grazas a Xoga pola súa xenerosa participación nesta actividade!
Velaquí as contadoras felicitan ás bibliotecas municipais polo seu aniversario:
Moitas grazas a Xoga pola súa xenerosa participación nesta actividade!
Velaquí as contadoras felicitan ás bibliotecas municipais polo seu aniversario:
No hay comentarios:
Publicar un comentario