Este venres as bibliotecas municipais sumámonos á fantástica programación dos Venres cativos que organiza o Servizo de Normalización Lingüística do noso concello, como parte do coñecido programa Apego.
Para a actividade, xa que estamos no mes de maio, nada mellor que traer a María Victoria Moreno, a homenaxeada das Letras Galegas deste ano 2018. Así que para achegar a figura e a obra da escritora, contamos con Marta Ortiz, unha das grandes contadoras da nosa comunidade.
Durante a sesión Marta achegou moitos dos contos de María Victoria Moreno, a uns cativos que demostraron coñecer moi ben á literata. O conto "A festa no faiado" foi o que máis gozaron nenos e adultos, contando coa participación deste público cativo tan entregado na representación dos seus personaxes.
Marta Ortiz felicita ás bibliotecas municipais polo seu 50 aniversario |
Moitas grazas a Marta Ortiz e ao SNL do noso concello por contar coas bibliotecas para participar nestas sesións de Venres Cativos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario