No mes de xuño, co verán aínda por chegar, queremos recibir na biblioteca ao público máis cativo e ás súas familias.
O mércores 13, ás 18:00 h. comprácenos recibir nas nosas instalacións aos máis pequeniños da contorna, para gozar xuntos dunha actividade de música e narración, que nos traerán Cris de Caldas e Xabi do Camiño.
Comerá o bebé? Esta dúbida fai de fío condutor desta actividade de animación á lectura. Igual que o adulto acode á súa imaxinación e aos seus recordos para atopar un momento de sosego que facilite a comida, na actividade utilízanse os contos e a música para chegar ao seu obxectivo.
Cris e Xabi levan percorrida toda Galicia cos seus contos e músicas, nun xeito de narracións musicadas, cheas de rimas, arrolos, sons e murmurios que farán as delicias dos escoitantes de contos máis novos e esixentes.
A actividade está indicada para crianzas de entre 6 meses e 3 anos.
É de balde, pero precísase inscrición para participar, dado que as prazas son limitadas.
Podedes inscribirvos:
- Na biblioteca de Chapela, en horario de 16:00 a 21:00 de L-V
- Por teléfono, no 986-454-226, no mesmo horario
- Por correo electrónico: bibliotecachapela@redondela.gal
A actividade realízase grazas ao programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario