Imaxe de Leolo na antiga páxina web das bibliotecas de Redondela |
Imos tentar contestar a esta pregunta.
Leolo tricotado; agasallo da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais |
Leolo o Contadelo,
naceu no 2008, moi ligado ao primeiro club de lectura infantil das
nosas bibliotecas, o Club de Lectura Infantil Valle-Inclán
Camiseta dos membros do Club de Lectura Infantil (ano 2008) |
O deseñador redondelano, José Migueles “Sé” é o pai da criatura que, así mesmo, conta cun poema dedicado polo escritor Miguel Ángel Alonso Diz, realizado no ano 2015 con motivo do X Aniversario da Biblioteca de Chapela.
Poema a Leolo o Contadelo por Miguel Ángel Alonso Diz
José
Migueles “Sé", artífice de Leolo, é deseñador e creador de banda
deseñada, e moi coñecido polo público por "Golfón” un proxecto, que
arrincou en 2008, desde Redondela, unha vila que non é allea ao
desenvolvemento téxtil, pois nela naceu e prosperou a que foi a fábrica
de camisas máis grande de Europa, Regojo. José Migueles é un deseñador
que ten na actualidade un catálogo de 15 deseños, algúns deles
memorables, como o de " Versacho, moda rural", ou o de "Perdidiños, inspirado na serie de TV “Perdidos”(que, por certo, está a piques de repoñerse en TV), do que chegou a vender mil camisetas en menos dun mes.
|
Pero no 2008 non soamente naceu “ Golfón” senón que "Sé" tamén deu vida a un personaxe que se está convertendo en memorable,“ Leolo o Contadelo “, mascota das bibliotecas de Redondela, que recibiu nome e apelido por votación popular e que cumpre neste ano, 10 da súa vinda á vida do municipio redondelano.
Leolo estivo presente, como representante do 50 aniversario das bibliotecas, nas alfombras do Corpus de Redondela deste ano...pero... (continúa na seguinte liña)
E agora, deixámosvos os looks que nos brinda Leolo en tempada de inverno, verán e outono-primavera 😊
Os "looks" de Leolo |
No hay comentarios:
Publicar un comentario