Os participantes fotógráfanse xuntos ao rematar a xornada |
As bibliotecas de Redondela estivemos representadas nas xornada de traballo As bibliotecas como aliadas na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sustentable e a Axenda 2030, unha iniciativa da IFLA (a Federación Internacional de Bibliotecas) enmarcada no International Advocacy Programme (IAP). O IAP é un programa de acción e sensibilización que IFLA dirixe ás asociacións nacionais para que á súa vez traballen coas asociacións e profesionais de cada un dos países.
Deste xeito unha asociación nacional de bibliotecarios FESABID (Federación Española de Sociedades de Archivística, Biblioteconomía, Documentación e Museística) foi a encarregada de realizar este obradoiro, xunto con BAMAD Galicia, a asociación correspondente de ámbito galego. O obradoiro realizouse na biblioteca Ágora de A Coruña.
Temos que dicir que estamos moi agradecidos por participar, xa que as impresións foron moi boas. Realizamos unha serie de actividades para coñecer e familiarizarnos coa Axenda 2030 da ONU e os seus 17 obxectivos, e para valorar como as bibliotecas podemos aportar o noso gran de area nesta mellora colectiva para as nosas sociedades.
O Fondo Galego de Cooperación, que leva traballando a fondo con esta axenda de obxectivos tamén estivo presente na actividade.
Grazas por todo a Bamad Galicia e mais a Fesabid por facelo posible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario