sábado, 16 de junio de 2018

Contacontos musicado para achegarse ao verán na Biblioteca de Chapela

Contacontos musicado
Preme na imaxe para ver as fotografías


Chega o verán, un cambio de estación importante, vencellado ao descanso e ás vacacións. Nas bibliotecas municipais de Redondela non descansamos, de momento, pero sí adaptaremos o noso horario ao período estival.

Para facer a despedida dun curso intenso, cheo de actividades e de celebracións polo noso 50 aniversario, contamos cunha actividade especial e novidosa.


A biblioteca de Chapela ofreceu este venres os resultados da súa primeira colaboración coa Escola de Música de Chapela. Estes se traduciron nun contacontos marabilloso, onde un vello coñecido e amigo das bibliotecas, Miguel Ángel Alonso Diz e a propia escola, teceron man a man.


E velaquí o resultado. Onte gozamos del no auditorio, cun nutrido grupo de cativos e adultos que se deixaron levar pola historia, arroupados pola deliciosa música que a acompañaba. Miguel Ángel desprendeu toda a súa enerxía e vitalidade narrando os contos, a profesora de piano Paula Lago Granada trasladou a este instrumento as fermosas notas musicais que acompañaban á historia, compostas polo músico e director da banda de música da localidade, Andrés Álvarez



As bibliotecas municipais queremos darlle as grazas a Escola de Música de Chapela e a Asociación Cultural e Social, por propoñernos esta actividade. Agardamos poder seguir colaborando en futuras ocasións en actividades coma esta.

Andrés Álvarez, Miguel Ángel e mais Paula Lago
felicitan ás bibliotecas municipais polo seu aniversario

No hay comentarios: