martes, 3 de julio de 2018

A nosa lembranza deste mes é para Xabier P. Docampo (1946-2018)

A obra de Xabier P. Docampo está exposta estes días na Biblioteca de Chapela

O pasamento de Xabier P. Docampo o pasado 26 de xuño deixou un gran baleiro no mundo da literatura xuvenil galega, pero tamén no eido da narración oral, da animación á lectura e do traballo das bibliotecas.

Xabier Puente Docampo, que ese era o seu nome completo, ademáis de mestre e escritor, era actor de teatro, contacontos, guionista e un grande defensor da labor das bibliotecas e do seu papel nas escolas.

As súas obras zumegan alta calidade literaria, pero a vocación de narrar, de contar, de achegarnos o relato... descúbresenos en cada unha das súas obras.

Velaquí unha pequena mostra. Sirva como modesta pero cariñosa homenaxe das bibliotecas de Redondela a este grande escritor.

Por suposto vos recomendamos achegarvos ás nosas bibliotecas para gozar da súa obra literaria.






No hay comentarios: