Poucos pero pasámolo en grande! Unha pequena representación dos cativos dos clubs de lectura, acompañados de familiares, animáronse a participar na visita ao Meirande, nos últimos días do mes de xuño.
Unha visita onde, ademáis de coñecer a historia da famosa batalla, descubrimos moitos detalles sobre as travesías transoceánicas no século XVIII, os seus perigos e dificultades, pero tamén os seus avances tecnolóxicos.
Despois da sesión museística tomamos unha merendola nas acolledoras mesas situadas na entrada do museo, e aprendemos uns trucos de maxia con naipes da man de Leo Leíño, a nosa coordinadora do club.
Temos que dicir que, a pesar de que formos moi poucos os asistentes, a tarde foi moi moi divertida e conseguimos facer un grupo que daba envexa.
Grazas Alexia, Nieves, Santiago, Darío, Ángela, Mocha e Leo por esta tarde tan gozosa de museo. Un bo xeito de recibir o verán no club.
Benvidos ao Meirande. Patricia foi a encargada de facernos o percorrido polo pequeno museo redondelán |
Esfera armilar.... sabedes como se empregaba este aparello tan curioso? |
Durante a merenda, Leo ensínanos algún truco de maxia |
Temos que dicir que, a pesar de que formos moi poucos os asistentes, a tarde foi moi moi divertida e conseguimos facer un grupo que daba envexa.
Grazas Alexia, Nieves, Santiago, Darío, Ángela, Mocha e Leo por esta tarde tan gozosa de museo. Un bo xeito de recibir o verán no club.
No hay comentarios:
Publicar un comentario