O martes 17, unha representación cultural do concello de Redondela composta por Mª Teresa París Blanco, Concelleira de Cultura, Mª Elena Becerra e Mª José Villar, por parte das
bibliotecas municipais, e mais a mentora do proxecto, Tania Lago, desprazouse á vila portuguesa de Monção para dar comezo a unha colaboración entre as bibliotecas dos dous municipios, dentro do Proxecto Literaturas Irmás/Irmãs.
Monção é un municipio do norte portugués que, desde o ano 2002 está irmandado co noso concello, en virtude, entre outros aspectos, do seu patrimonio inmaterial, representado polas famosísimas festas da Coca, tan exitosas en ambas municipalidades.

| Logo do proxecto, deseñado por Esperanza Mara |
Tomando este irmandamento como punto de partida xurdiu a proposta de incluir a Redondela na iniciativa trasfronteriza literaria que aquí vos contamos.
O proxecto Literaturas Irmás/Irmãs pretende visibilizar a cooperación existente entre as dúas rexións a través da promoción de libros en galego en bibliotecas portuguesas e libros en portugués en bibliotecas galegas, para que os usuarios das mesmas en ámbolos dous lados do Miño poidan gozar da riqueza das dúas literaturas. A súa impulsora, Tania Lago, iniciouno a través dunha bolsa de práctica laboral na Deputación de Pontevedra na realización dun Curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza, baseado no fomento da mesma entre Galiza e o Norte de Portugal (organizado entre outros pola Fundación Galicia Europa).
Este martes, por fin, o proxecto tomou corpo a través deste desprazamento dende Redondela para encontrarnos cos nosos parceiros do outro lado do Miño.

![]() |
| Na Biblioteca de Monção |
A xuntanza tivo lugar na Biblioteca de Monção e nela participaron, xunto coa representación redondelá, José
Oliveira Rodrigues, xefe da Área de Educación e Cultura do concello
veciño e Elisabete Magalhães, bibliotecaria de Monção.
![]() |
| Na sala infantil da biblioteca portuguesa |
O encontro serviu tamén á nosa delegación para coñecer o funcionamento da biblioteca do país veciño, e os seus proxectos de animación á lectura máis exitosos. Unha aportación moi enriquecedora por parte da súa bibliotecaria, Elisabete, á que lle agradecemos moito desde esta beira do río Miño o seu entusiasmo e as súas boas ideas. O certo é que estes encontros bilaterais que sempre enriquecen o funcionamento dos nosos centros, axudando á innovación e a mellora constante dos nosos servizos.
Deica moi pronto, Monção e grazas a Tania por axudarnos a tender esta ponte cos nosos veciños lusitanos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario