viernes, 20 de julio de 2018

Obradoiro de submarinos para homenaxear a Verne

Vinteun nenos celebraron onte, na biblioteca de Redondela, coa actividade Obradoiro de Submarinos, o 150 aniversario da “chegada” do  Nautilus á Enseada de San Simón

Aquí todas as fotografías da actividade:

Obradoiro de Submarinos


Os rapaces, de 6 a 12 anos, coñeceron, da man de Ciencia en Ruta, a personaxes como Julio Verne, Isaac Peral e Antonio Sanjurjo Badía. Así mesmo realizaron experimentos relacionados coa densidade a través da “construción” dun submarino e a comprobación do seu funcionamento. Tamén se introduciron no mundo submarino e a ciencia ficción do autor francés a través do relato “20.000 leguas de viaje submarino” desde un “ kamishibai”. 
Esta actividade é a primeira das que as bibliotecas de Redondela teñen planeado realizar para conmemorar as efemérides vernianas deste 2018

 Actividade realizada dentro do programa Ler conta Moito da Xunta de Galicia

No hay comentarios: