Lectura radiofónica de 'Vinte mil leguas baixo dos mares' para conmemorar a “chegada” do Nautilus á Enseada de San Simón
Co gallo da conmemoración do 150 aniversario da “chegada” do Nautilus á Enseada de San Simón, as Bibliotecas de Redondela e a Radio Municipal organizan unha lectura radiofónica da obra de Jules Verne 'Vinte mil leguas baixo dos mares" á que convidan a participar a toda a cidadanía. As persoas interesadas deberán achegarse as instalacións da emisora para proceder a gravación dun fragmento da obra. Unha lectura pública a través das ondas que busca homenaxear unha das obras fundamentais da literatura de aventuras.
A iniciativa, enmarcada dentro do programa de
actividades que as Bibliotecas Municipais están a desenvolver co gallo
do seu 50 aniversario, busca dar a coñecer a obra de Jules Verne, nun
ano que acolle varias celebracións vernianas, centrándose nun dos seus
textos máis vinculados coa nosa vila. De feito, un dos capítulos de
referencia deste "Vinte mil leguas baixo dos mares" recolle a viaxe que
traería ao famoso submarino Nautilus a mando do capitán Nemo ata a
enseada de San Simón para proverse cos tesouros afundidos na batalla de
Rande.
Deste xeito, ademais do seu
formato tradicional impreso, quérese achegar a historia tamén a través
das ondas radiofónicas, cunha colaboración que permitirá a todo o que o
desexe gravar un fragmento do libro. O único que hai que facer é
achegarse á emisora (Casa da Cultura-Praza Figueroa s/n) a partir do martes, 4 de setembro, para proceder a gravación dun fragmento da obra, que estará dispoñible nas dependencias da Radio. Aconséllase chamar previamente ao teléfono
986/408139 (Radio Redondela) para determinar o horario máis axeitado.
Ademais de render homenaxe ao escritor e festexar
a "visita" do submarino ao noso concello, as BIbliotecas e a a Radio
Municipal buscan poder bater un récord logrando recoller a lectura
radiofónica máis longa feita dunha obra destas características.
Outro
xeito de achegármonos a unha aventura de referencia de xeracións e
xeracións na que o escritor francés amosa a súa maestría na ciencia
ficción cunha historia na que tres personaxes, embarcados na procura
dunha balea xigante, atópanse na auga a lombos dun monstro que resulta
ser unha estraña máquina submarina, o Nautilus. Prisioneiros do
misterioso capitán Nemo, a enseada de San Simón “recibíu a súa visita”
hai 150 anos, alá polo 1868.
A nova en Radio Redondela
A nova en Radio Redondela
No hay comentarios:
Publicar un comentario