O próximo 21 de setembro cúmprense 50 anos da inauguración da Biblioteca P. M. Valle-Inclán nos baixos da Casa Consistorial.
Para conmemorar a efeméride as bibliotecas organizamos, este 21 de setembro, unha visita guiada por Redondela para nenos de 6 a 12 anos, con especial fincapé nos edificios que acolleron á Biblioteca P.M. Valle-Inclán desde o ano 1968 ata os nosos días.
O percorrido estará conducido por Soledad Chayán e terá unha duración aproximada dunha hora.
A actividade é gratuíta pero necesita inscrición previa na Biblioteca Municipal de Redondela (986 40 15 61) pois as prazas son limitadas.
A Ruta das Bibliotecas encádrase dentro das actividades conmemorativas do 50 aniversario das Bibliotecas Municipais de Redondela
No hay comentarios:
Publicar un comentario