martes, 16 de octubre de 2018

O Fondo Galego de Cooperación e as Bibliotecas Municipais de Redondela ofrecerán mañá un espectáculo de narración oral para centros de ensino en Chapela



Mañá mércores, o auditorio do Multiúsos de Chapela recibirá aos centros de ensino da contorna para un espectáculo de narración oral.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, en colaboración coas Bibliotecas Municipais ofrecerá á rapazada de segundo ciclo dos centros:

- CEIP Alexandre Bóveda
- CEIP Igrexa Chapela
- CEIP Laredo
- Colexio Vigo

así como a un grupo de usuarios adultos do CAPD de Chapela,

o contacontos "Tí tamén contas", da man do dúo A Tropa de Trapo.

Formado por Marta Ortiz e Brais Hortas, ensinantes de formación e contadores expertos, este grupo teatral leva máis de 12 anos percorrendo toda Galicia cos seus espectáculos de narración e sensibilización social.

A actividade enmárcase dentro da conmemoración do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, que se recorda, segundo a axenda da ONU, todos os 17 de outubro. A actividade é así un xeito de introducir aos asistentes no coñecemento dun dos problemas mundiais, dos que segue a ser acuciante a súa resolución, e que está recollido como o primeiro na Axenda dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS), de Nacións Unidas.

O espectáculo ten xa completado o seu aforo cos centros asistentes. Non hai entradas dispoñibles.


No hay comentarios: