miércoles, 17 de octubre de 2018

"Tí tamén contas" solidariedade e valores éticos nun espectáculo para escolares co Fondo Galego de Cooperación


Esta mañá as bibliotecas municipais aliámonos co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para ofrecer un espectáculo de narración oral ao público escolar de Chapela. A actividade, que tivo lugar no auditorio do Piñeiral do Crego da parroquia, celebrouse hoxe, como un xeito de destacar esta data,  17 de outubro, xa que está sinalada na Axenda da ONU como o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza.


O alumnado de 2º ciclo de primaria dos centros:
- CEIP Alexandre Bóveda
- CEIP Igrexa Chapela
- CEIP Laredo
- Colexio Vigo

e tamén un grupo de usuarios do C.A.P.D. de Chapela, acompañado dos seus monitores, gozaron dos contos de Marta Ortiz e Brais das Hortas, A Tropa de Trapo, e participaron na invitación á reflexión e ao debate que dita actividade leva parella.


Escolares e adultos asistentes gozaron de este novo enfoque narrativo para abordar de xeito atractivo pero crítico as as inxustizas dun mundo globalizado e desigualmente repartido. 


Agradecemos a súa participación a todos os centros que asistiron esta mañá, e sobre todo ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade por ternos ofrecido esta mañá tan fascinante de contos, xogo e historias.

No hay comentarios: