jueves, 25 de octubre de 2018

Unha ponte de libros infantís. Jella Lepman

Unha persoa pode cambiar o mundo. Jella fíxoo
 Nunha Alemaña destruída polas bombas da Segunda Guerra Mundial, a xornalista alemá de orixe xudea, Jella Lepman, confiou no poder da literatura infantil e xuvenil para fomentar a paz e a tolerancia.

Ás veces, unha soa persoa pode chegar a converterse nun motor imparable de bondade e xenerosidade. Ese foi o caso desta muller cuxa vida non a atoparedes nos libros que narran a reconstrución da posguerra despois da Segunda Guerra Mundial pero que, sen dúbida, supón un exemplo para toda a humanidade. 


 
Jella Lepman (Foto, Stiftung Internationale Jugendbibliothek (IJB))

 

Achégate á Casa da Cultura de Redondela o 26 de outubro, ás 20:30 h., e descobre a figura dunha muller que creou lazos de paz entre vencedores e vencidos a través dos libros infantís.


Os seus proxectos máis inesquecibles: a creación da Biblioteca Internacional da Mocidade en Múnic (1949); a fundación de IBBY, a Organización Internacional para o Libro Xuvenil (1953) –hoxe presente en 77 países– e a promoción do premio Hans Christian Andersen, o Nobel da Literatura Infantil.


Teresa Zataraín
 

Conducirá a charla-coloquio Teresa Zataraín, periodísta e editora da viguesa Creotz ediciones que publicou en España, por vez primeira , a obra "Un puente de libros infantiles", autobiografía de Jella Lepman.


Organizan, Bibliotecas Municipais de Redondela coa colaboración da Asociación de Amigos das mesmas, en conmemoración do Día da Biblioteca

A nova e entrevista en Radio Redondela

No hay comentarios: