Nun Día emblemático coma o de hoxe, Día da Biblioteca, comeza a súa andaina Literaturas Irmás/Irmãs
O pasado xullo dabámosvos conta dunha reunión mantida na Biblioteca de Monçao entre unha representación cultural do concello de Redondela e a do concello lusitano veciño. O motivo era poñer as bases para dar comezo a unha colaboración entre as bibliotecas dos dous municipios, dentro do Proxecto Literaturas Irmás/Irmãs.
Logo do proxecto, deseñado por Esperanza Mara
O proxecto Literaturas Irmás/Irmãs pretende
visibilizar a cooperación existente entre as dúas rexións a través da
promoción de libros en galego en bibliotecas portuguesas e libros en
portugués en bibliotecas galegas, para que os usuarios das mesmas en
ámbolos dous lados do Miño poidan gozar da riqueza das dúas
literaturas. A súa impulsora, Tania Lago, iniciouno
a través dunha bolsa de práctica laboral na Deputación de Pontevedra na
realización dun Curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza,
baseado no fomento da mesma entre Galiza e o Norte de Portugal
(organizado entre outros pola Fundación Galicia Europa).
|
Hoxe, o proxecto ponse en marcha materializándose nun centro de interese sobre José Saramago nas bibliotecas de Redondela e sobre Manuel Rivas na de Monçao.
Os materiais, que atoparedes á vosa disposición no centro de interese na sala xeral,
foron facilitados pola biblioteca portuguesa, mentres que desde
Redondela enviamos unha selección de obras de Manuel
Rivas.
Así mesmo nos clubs de lectura de ambas as localidades lerase algunha
obra dos autores correspondentes que variarán cada 3 meses e que se
poñerán a disposición dos nosos usuarios durante mes e medio en cada
biblioteca da nosa unidade administrativa
A lectura de Saramago nos nosos clubs de Lectura No Faro de Vigo (1) No Faro de Vigo (2) En Radio Redondela En Eldiario.es |
No hay comentarios:
Publicar un comentario