O 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía e nas bibliotecas de
Redondela celebrámolo coa posta en marcha do segundo centro de interese
do proxecto Literaturas Irmás que vira ao redor da figura da poeta Sophia de Mello
![]() |
Centro de interés de Sophia de Mello na sala xeral |
O proxecto Literaturas Irmás/Irmãs pretende
visibilizar a cooperación existente entre as dúas rexións (Portugal e Galiza) a través da
promoción de libros en galego en bibliotecas portuguesas e libros en
portugués en bibliotecas galegas, para que os usuarios das mesmas en
ámbolos dous lados do Miño poidan gozar da riqueza das dúas
literaturas.
![]() | |
Poemas de Sophia de Mello a disposición dos lectores no Día da Poesía |
O 24 de outubro de 2018, Literaturas Irmás/Irmãs ponse en marcha materializándose nun centro de interese sobre José Saramago nas bibliotecas de Redondela e sobre Manuel Rivas na de Monçao.
Os materiais, que se atopan nos centros de interese, e que se poden levar en préstamo, son facilitados polas respectivas bibliotecas: a biblioteca de Monçao facilitounos as obras de Sophia de Mello, mentres que desde Redondela enviamos unha selección de obras do noso lembrado Agustín Fernández Paz, autor que sustitúe a Manuel Rivas na nosa biblioteca irmá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario