O escritor Manuel Rivas participou o pasado mércores, 20 de marzo, nun encontro público no Auditorio do Multiúsos de Redondela.
O acto,
organizado polo Servizo de Normalización Lingüística coa colaboración da Bibliotecas Municipais de Redondela,
tivo como marco o proxecto de irmandamento Literaturas Irmás/Irmãs , que comparten as Bibliotecas Municipais da nosa vila
e Biblioteca municipal de Monçao.
Manuel Rivas foi o primeiro escritor que acolleu a
biblioteca portuguesa e Saramago o que acolleu Redondela dentro deste proxecto tansfronteirizo, no que se fomenta o mutuo coñecemento cultural e lingüístico.
Nestes momentos son Agustín Fernández Paz e Sophia de Mello os que viaxaron ás súas bibliotecas irmás.
O encontro foi próximo e entrañable, grazas tanto a autor como ao marabilloso grupo de lectores de Monçao que coa súa bibliotecaria, Elisabete, á fronte, gañáronnos a todos coa súa simpatía e agarimo
Aquí deixámosvos unha selección de fotografías desa tarde, nas que
podedes ver a decoración conmemorativa do seguinte día: unha cortina
conformada con poesías de Manuel Rivas que tamén engalanaban a subida
das escaleiras de acceso ao auditorio, os chanzos tuneados
co recordatorio do Día Mundial da Poesía, os versos, de autores galegos
e portugueses, pegados detrás de cada butaca e que recitados ao final
da xornada polo público participante, foron o mellor dos broches.
Aquí, a gravación do evento ao completo grazas a Roberto Solano.
Queremos, tamén, agradecer desde estas liñas a Manuel e Pilar, ordenanzas que desenvolven o seu labor no Multiúsos da Xunqueira, o seu gran traballo para que toda a xornada lucise da mellor maneira.
O portugués, o galego, o silencio, a cultura, a sociedade, os sentimentos, as lembranzas e...unha xesta, como despedida dun gran autor, recollida en Chapela, para protexer, atraer a boa sorte e para que se cumpran os nosos anhelos

No hay comentarios:
Publicar un comentario