jueves, 23 de abril de 2020

Feliz Día do Libro 2020 en Redondela

23 de abril: hoxe é o Día do libro.

Hoxe conmemoramos unha das datas máis importantes para todos os que nos dedicamos ao mundo do libro, a cultura e a información. 

Aínda que este ano, debido á situación de confinamento, as bibliotecas non podemos estar abertas ao público, eso non nos quitará de facer a nosa celebración virtual.

Con este cartaz queremos rendirlles homenaxe aos dous escrtores máis importantes da historia da literatura; responsables, dende o seu falecemento hai 404 anos, de que o 23 de abril sexa para sempre a festa do libro.

Pero a nosa festa non remata aquí. Neste blog, e nas nosas redes sociais veredes algunhas sorpresas que vos temos preparadas, e das que xa vos falaramos.

Agardamos que vos gusten.... Moi feliz día!

Porque xa sabedes:

#quedanacasaele
#quedateencasaylee
#euquedonacasa
#aculturasegue

No hay comentarios: