O pasado 26 de febreiro os maiores que acuden aos Centros de Día de Redondela tiveron a oportunidade de gozar cunha sesión de contacontos moi especial creada, pensando específicamente neles, da man da Fundación Filomena Rivero Alonso e a narradora Raquel Queizás.
As Bibliotecas Municipais de Redondela tivemos a alegría de poder colaborar nesta iniciativa de contacontos en liña que reuniu a cento dez do nosos maiores ao redor dunha serie de divertidos contos da tradición oral que Raquel debullou lembrando á súa avoa.
Captura dun momento do contacontos |
Moitísimas grazas aos centros de día Os Cortizos, Galeón, Arela e á residencia de Cesantes e de modo especial ao seu persoal pola súa calorosa e agarimosa acollida.
|
E un agradecemento moi, moi grande, a Raquel Queizás por todo o seu traballo, cheo de tenrura e mimo, pensando sempre nos seus espectadores e coa súa avoa, Brígida, sempre presente. Se nolo permites, Raquel, moitas grazas a ela tamén da nosa parte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario