lunes, 8 de marzo de 2021

Muller

 🤔Recomendar un libro no que a muller sexa protagonista... uf! que dificil...hai moitos e moi, moi bos.

 😉Pero ben, aquí van algúns que nos gustaron moito :
 
🦋Como Juan non está estes días, substitúeo, nada máis e nada menos, que Xela Arias que nos recomenda👉 "Rosalía feminista ": todas as mulleres somos debedoras da escritora padronesa, defensora temperá dos dereitos das mulleres.
 
🦋Cote decántase por👉"La guerra no tiene rostro de mujer" : case un millón de mulleres combateu nas filas do Exército Vermello durante a segunda guerra mundial, pero a súa historia nunca foi contada. Este libro reúne os recordos de centos delas, mulleres que foron francotiradoras, conduciron tanques ou traballaron en hospitais de campaña.
 Doazón da Fundación Filomena Rivero Alonso.
 
🦋A Elena encantoulle o libro ilustrado 👉"Las amigas que te gustaría tener" : este libro recompila vinte e dous retratos dos grandes personaxes femininos da literatura: de Jane Eyre a Mary Poppins, de Jo a Pippi Calzaslargas, ata chegar a personaxes máis actuais como Matilda, de Roald Dahl, ou Mina, de David Almond. Todas teñen en común o saírse dos esquemas que marca a sociedade para elas.
 
🦋E, para rematar, María José suxírenos 👉"Tierra de mujeres" : Tierra de mujeres vén encher un oco no debate sobre feminismo e literatura rural. Busca, ademais, ofrecer unha visión realista da vida no campo, afastada das postais bucólicas dadas desde as grandes cidades, e subliñar o perigo de perder para sempre un coñecemento ata o de agora transmitido de xeración en xeración.

No hay comentarios: