O venres 27 celebrouse unha charla coloquio acerca de Xan Carallás, co gallo da exposición que sobre este personaxe mítico-lendario e burlesco se estaba a celebrar no Multiusos de Chapela.
Os participantes foron:
- O historiador Xosé Martínez Crespo, autor de libros como O Corpus Christi en Redondela e habitual participante no Seminario de Estudos Redondeláns.
- O novelista Francisco Sobral, autor de libros como Os alcuños de Redondela ou a novela O escalado do convento.
Un e outro debateron, dende os seus diferenciados enfoques (historiador e escritor de ficción), acerca da posible orixe do lugar común do "Xan Carallás" que chegou ata os nosos días.
Falamos tamén sobre a falta de fontes documentais e datos históricos sobre a parroquia de Chapela, e animamos á participación e o traballo nese campo de historiadores, estudosos e diletantes.
Por último, e polo que toca ao papel da biblioteca nesta charla-coloquio, falamos sobre a sección local que temos entre os nosos fondos. Nela concentramos tódolos documentos relacionados con Redondela. Tamén comentamos que na Axencia de Lectura de Chapela incorporamos recentemente un dossier de prensa sobre Chapela, onde recollemos toda a información publicada sobre a localidade nos distintos medios de comunicación, e na que polo de momento temos recollida a información dos dous últimos anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario