Ao poeta e ensaísta mexicano José Emilio Pacheco acábaselle de conceder o Premio Cervantes 2009.
O escritor, nado en Cidade de México no ano 1939, é un dos maiores representantes das letras do seu país. Ademáis da súa labor creativa, recoñéceselle a súa tarefa en prol da difusión das letras e a cultura, grazas á súa labor como tradutor, ou como director e editor de coleccións bibliográficas e suplementos culturais.
Da súa obra poética destacan: 'Los elementos de la noche' (1963), 'El reposo del fuego' (1966), 'No me preguntes cómo pasa el tiempo' (1969), 'Irás y no volverás' (1973), 'Islas a la deriva' (1976), 'Desde entonces' (1980), 'Trabajos en el mar' (1983) y 'El silencio de la luna'.
José Emilio Pacheco é o cuarto mexicano en obter o galardón, despois de ter sido premiados co mesmo os autores Octavio Paz (1980), Carlos Fuentes (1987) e Sergio Pitol (2005). Asimesmo sucede ao novelista catalán Juan Marsé, gañador da edición anterior, cumprindo así esa norma non escrita sobre a alternancia no galardón entre autores españois e iberoamericanos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario