jueves, 3 de diciembre de 2009

Xuntanza dos rapaces do Club de Lectura co Barón de Munchausen



Este martes os rapaces e rapazas do Club de Lectura de Chapela reuníronse connosco para falar do libro deste mes:


"Las aventuras del Barón de Munchausen"


Trátase dun libro de aventuras moi disparatado e divertido. O seu protagonista é un personaxe certamente imaxinativo, e tamén bastante mentireiro, que nos conta como resolveu moitas situacións complexas, e tamén como logrou sair vivo das situacións máis incribles e perigosas, todo sempre, segundo el, grazas á súa astucia e valentía.

Nesta sesión, comezamos comentando cada un de nós cal foi o episodio que nos divertiu máis e cal nos pareceu máis inverosímil.
A continuación e, valéndonos de mapas, a nosa proba consistiu en percorrer o continente europeo tras dos pasos do Barón, descifrando en cales das cidades e en que países sucederon verdadeiramente as aventuras no noso protagonista.
O seguinte que fixemos foi unha xira gastronómica por todos eses territorios lonxanos: delicias turcas, chocolate suízo, pannetone italiano... e outras "delicatessen" que fomos probando e dándolles puntuación segundo máis nos gustaban.
Por último, animamos aos rapaces a ler máis libros de aventuras e viaxes, así como a ver a versión cinematográfica desta novela.

No hay comentarios: