O venres 5 de Marzo, ás 18:30 h. Títeres Cachirulo estará na Biblioteca de Chapela para presentarnos o seu contacontos Bo rato cos ratos.
O protagonista deste conto é Darío Abecé, un rato de biblioteca curioso e divertido. Nunha tarde de tronos, Darío agóchase nun estante esquecido e atopa unha verdadeira "biblioteca de ratos". Nela hai relatos de ratos pequenos, ratos poetas, ratos rabudos… e máis e máis relatos de ratos. Darío decide levarnos por estes contos aos que, coma el, as veces, temos un pouquichiño de medo ás tormentas.
Para desenvolver o contacontos empréganse unha serie de recursos dramáticos e visuais, coma os títeres, que representan a algúns dos personaxes. O espectáculo está dirixido a cativos e cativas de todas as idades, para que disfruten na compaña dos seus pais e nais.
O protagonista deste conto é Darío Abecé, un
Para desenvolver o contacontos empréganse unha serie de recursos dramáticos e visuais, coma os títeres, que representan a algúns dos personaxes. O espectáculo está dirixido a cativos e cativas de todas as idades, para que disfruten na compaña dos seus pais e nais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario