viernes, 26 de febrero de 2010

Doble sesión de contacontos nas bibliotecas de Redondela

Este venres as bibliotecas enchéronse de contos e de maxia.

Pola mañá, a Biblioteca de Redondela recibiu aos alumnos de Infantil do CEIP Porto Cabeiro coa presenza do contacontos Andreu Chapeu.


Pola tardiña, a aventureira Tareixa visitou a tódolos rapaces e rapazas que, xunto cos seus pais e nais se quixeron achegar á Biblioteca de Chapela. Ainda que os rapaces estaban moi inquedos, pouco a pouco foron quen de entrar na maxia das historias que lles ía narrando a contadora. Moitos pais, nais e adultos en xeral tampouco quixeron perderse a sesión.


Ambas actividades realizáronse grazas á colaboración da Concellería de Normalización Lingüística e Participación Cidadá.

No hay comentarios: