miércoles, 24 de febrero de 2010

Xuntanza "Oriental" no club infantil co libro "El castillo en el aire"

O libro El castillo en el aire, de Diana Wynne Jones, foi o protagonista da nosa xuntanza deste mes.

Trátase dun libro xenial, cheo de aventuras e fantasía, pero sobre todo porque está tratado con moito humor (moi irónico cos tópicos relacionados coa literatura oriental). O libro está relacionado con outro da mesma autora: El castillo ambulante, que foi levado ao cinema. Neste caso, o libro que nos toca é a segunda parte, pero ambos se poden ler de xeito independente.

Pero volvendo á nosa sesión do club, destacamos que o libro resultou bastante complicado de ler para moitos dos rapaces e rapazas, a lo menos, para os máis cativos (non así para algúns dos máis grandes, que estiveron encantados). Temos que sinalar ademáis que é o libro máis longo dos que lemos ata agora no club (máis de 300 páxinas).


Fixemos exercicios de comprensión lectora, e debuxamos cada un de nós a palabra que nos suxería o libro, e saíron palabras como:

MAXIA
XENIO
ALFOMBRA VOADORA
CASTELO
DEMOS
PRINCESAS
...

Tamén falamos dos libros máis importantes de tema oriental na literatura, como As mil e unha noites ou Sindbad, o mariño.


No hay comentarios: