lunes, 8 de febrero de 2010

Como se fai un cómic: obradoiro de banda deseñada na Biblioteca de Chapela


O vindeiro Xoves 18 de Febreiro, ás 18:30 h, teremos un obradoiro para aprender a facer comics.

Tralo taller de viñetas que fixemos en decembro coa artista Sabela Arias, pensado como un inicio no coñecemento desta linguaxe, plantexamos este segundo obradoiro como unha inmersión plena no mundo da banda deseñada.

A actividade está pensado para mozos e mozas a partires dos 9 anos, e será conducida pola ilustradora e autora de banda deseñada María Vilar.

Podedes ver aquí a programación do obradoiro:
  • Na primeira media hora asistiremos ao nacemento dun comic a través dunha idea orixinal. Aprenderemos como é a preparación dun guión, como se fai e que deberá ter para que os lectores e lectoras queiran mercalo, as distintas bases para o mesmo, etc… asimesmo, ensinaremos a crear personaxes e facer os seus deseños. Para rematar esta primeira tanda faremos o storyboard, é dicir, os bocetos previos das páxinas a elaborar por cada un dos participantes.
  • Na seguinte media hora daremos as pautas para debuxar o guión que se preparou previamente.
  • Logo, entintaremos con pinceis ou calquera rotulador que, a o seu defecto, se conseguise para tal caso.
  • Finalmente, daremos cor manualmente e faremos unha pequena demostración de cor por ordenador, para que podades ver cal é a diferenza con esta aplicación e cales son as vantaxes da nova tecnoloxía.
  • A finalidade desta clase é a elaboración propia dunha tira cómica ou páxina de banda deseñada por parte de cada un dos e das participantes.
A actividade é fruto da colaboración da Galería Campo das Redes coa biblioteca.

No hay comentarios: