jueves, 4 de marzo de 2010

"La edad de la Inocencia" co Club de Lectura de Chapela


Na xuntanza deste mes do club de lectura debullamos a novela La Edad de la Inocencia, da autora neoiorquina Edith Wharton.

A novela ambiéntase na alta sociedade neoiorquina das últimas décadas do século XIX, e narra o amor xurdido entre o protagonista, Newland Archer, e a europeizada e transgresora Condesa Olenska, e como as ríxidas convencións sociais e morais que imperaban nesa sociedade se convirten nun obstáculo poderoso que é quen de frustrar a súa relación.

O primeiro que destacamos foi a "pasividade" dos personaxes. O amor entre eles se mantén nunha idealización platónica case adolescente, e un tras outro os motivos que se lles presentan vanlles impeden rachar cos seus medos e levar a cabo os seus desexos.



Agradounos a intelixencia e a sensibilidade da súa autora para describir os ambientes e trasmitirnos diferentes sensacións, tanto no que respecta ao visual como no tocante aos sons, as texturas, os arrecendos, os sabores. Que Edith Wharton era, ademáis de escritora, deseñadora e decoradora de interiores parece moi indicativo, e de ahí a súa preocupación por describir tan pormenorizadamente todos os detalles.

Doutra banda parece destacar nela o novo papel da muller. Nunha novela escrita xa nos anos 20 do século XX, pero ambientada varias décadas atrás, a mirada de Wharton énchese de sarcasmo e de aceda crítica cara a rixidez e o snobismo da alta sociedade dos seus antepasados. Á súa vez, como a súa precedente Jane Austen, a protagonista e heroína da novela é unha muller quen de cuestionar os convencionalismos e impoñer o seu criterio.

A novela garda grande similitude con Retrato de una dama do autor neoiorquino Henry James, quen foi, á vez, grande amigo e preceptor da escritora.

No club de lectura recomendamos ver o filme con que Martin Scorsese levou ao cinema esta obra literaria.

No hay comentarios: