martes, 30 de marzo de 2010

Taller de pintura ao natural, con Marta Pérez Lozao, no Multiusos de Chapela



Aproveitando que a pintora Marta Pérez Lozao expón a súa obra no Multiusos de Chapela, que podedes ver ata o vindeiro 10 de Abril; a autora, xunto coa Galería de arte Campo das Redes e a Biblioteca de Chapela xuntámonos para ofrecervos unha actividade aos rapaces e rapazas que vos queirades achegar.

O obradoiro está destinado a nenos e nenas, dende os 5 anos e ata os 15 anos, e está orientado a aprender a pintar a paisaxe.

A data do mesmo será o Xoves 8 de Abril, ás 18:00 h.

Para participar no obradoiro, só tedes que:
  • Inscribirvos con antelación na Biblioteca de Chapela (agás no caso dos rapaces do Club de Lectura da biblioteca, que están todos convidados), para que poidamos organizar os grupos a participar.
  • Traer, no día da actividade, pinturas, lápices de cores ou calquera outro material que queirades empregar.
¡Animádevos a vir pintar connosco!

No hay comentarios: