miércoles, 15 de septiembre de 2010

120 anos de Agatha Christie

Hoxe, 15 de setembro se cumpren 120 anos do nacemento de Ágatha Christie
Ágatha Mary Clarissa Miller, naceu en Torquay, en 1890. O seu pai era un estadounidense rico e a súa nai unha aristócrata inglesa. O que se sabe dela móstranola como unha nena precoz, de gran intelixencia, que empezou a publicar poemas e contos ao once anos. A súa primeira novela, que se publicou en 1920, tíñaa escrita desde os vinte e un anos. Foi "El misterioso caso de Styles". O tenente Archibald Christie foi o seu primeiro marido e o arquéologo Max Mallowan, moito máis novo que ela, o seu segundo esposo. Desde 1938 o matrimonio e Rosalind, a filla que tivo a escritora co tenente Christie, viviron en Greenwey (Devon). En 1971 concedéronlle o título de Dama do Imperio Británico en recoñecemento da súa obra. Morreu no ano 1976. Tiña 85 anos e o seu marido só a sobrevive dous anos

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Moitas felicidades á miña escritora favorita.

Anónimo dijo...

¡Feliz aniversario!